Máis vixilancia policial para loitar contra o consumo de alcol na rúa

    RIBEIRA> As ANPAS de secundaria trasladáronlle ó alcalde a súa preocupación sobre a venta de alcol a menores e o tan coñecido “Botellón”.

    No encontro que mantiveron Manuel Ruíz, a concelleira de educación e os representantes dos distintos centros de secundaria de Ribeira, analizouse a actual situación do alcol nas rúas. Todos coincidiron en que é unha época especialmente preocupante debido ó incremento de ceas de fin de curso e outras festas estivais. Para erradicar o consumo de alcol entre os menores e os botellóns nas vías públicas, acordáronse unha serie de medidas como o incremento da vixilancia policial. Cabe lembrar que o corpo da Policía Local se veu reforzado por dez auxiliares. Ademais, o concello dirixirá novos escritos aos establecementos habilitados para a venta de alcol recordándolles a prohibición legal de subministrar este tipo de bebidas aos menores de 18 anos. Cos mesmos obxectivos, a Administración Estatal está traballando nunha nova normativa que contempla multas para os pais de ata 300 euros.