Alberto Núñez Feijóo inaugura o curso no CGTD

feijoo250_160909.jpgPONTEVEDRA>  O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou esta mañá o curso no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. O xefe do goberno galego quixo mandarlles unha mensaxe de ánimo a tódolos deportistas que hoxe principian de xeito oficial os seus adestramentos. Xunto a el estiveron numerosos persoeiros do mundo da política e do deporte, como David Cal ou Javi Gómez Noya.

{flowplayer}images/salnes/Centrotecnificacion_160909.flv{/flowplayer} 

Rodeado de deportistas e acompañado, entre outros, polo Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, ou o Delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís, Alberto Núñez Feijoo inaugurou hoxe o curso do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

O presidente da Xunta remarcou a importante actividade do centro onde nesta temporada 170 deportistas serán bolseiros, dos cales 90 serán internos. Trátase de deportistas en período de tecnificación, outros en rendemento e un nutrido grupo de deportistas de elite que, dixo Feijóo, teñen que ser o espello no que os máis novos deben mirarse.

O Presidente da Xunta de Galicia destacou o compromiso do Goberno galego con lograr o fomento da actividade física e do deporte durante toda a vida. Unha aposta, sinalou, reflectida nun Plan estratéxico creado polo Consello da Xunta para o fomento da actividade física e dos hábitos saudables.

O titular do goberno galego subliñou que este plan, constitúe unha acción preferente da Xunta de Galicia. Tras facer unha visita polas instalacións acompañado polo triatleta Javi Gómez Noia e o padexeiro David Cal, o acto pechouse cunha foto de familia nunha das bancadas do Estadio da Xuventude.

Redacción Salnés