AMICOS elabora un estudo de accesibilidade cognitiva no camiño A Orixe

RIBEIRA> A asociación AMICOS desenvolveu un estudo de accesibilidade cognitiva do Camiño de Santiago A Orixe. Un equipo de validadores, formado por 4 usuarios e tres técnicos da entidade percorreu os 120 quilómetros en 6 etapas para dar conta das necesidade desta ruta.

Abrindo camiño. Así se chama o proxecto desenvolvido por AMICOS para poñer a proba a accesibilidade do camiño A Orixe. Adriana, Marcarena, Carmen e Jesús, acompañado por tres técnicos da entidade percorreron os 120 quilómetros desta ruta xacobea . Fixérono ó longo das seis etapas compartindo algunhas delas con outros peregrinos como un grupo de voluntarios europeos procedentes de Italia.

Ademais da experiencia, o equipo de validadores tomou nota das eivas que presenta a ruta en en materia de accesibilidade tanto cognitiva como física. Tódolos puntos mellorables foron recollidos non estudo técnico que hoxe presentaron ás autoridades dos concellos implicados e proximamente vai ser remitido á Xunta de Galicia co fin de conseguir un camiño apto para todos.

Tanto dende a mancomunidade Barbanza Arousa como dende a Asociación de Amigos do Camiño agradeceron a contribución de AMICOS para mellorar unha ruta que aspira a ser a primeira de Galicia accesible cognitivamente.

Tamén os representantes dos concellos polos que discorre esta ruta xacobea comprometéronse a estudar aquelas actuacións que sexan da súa competencia para seguir, da man de AMICOS, abrindo camiño.