O PP de Boiro denuncia que volveu quedar deserto o concurso para executar o hangar de piragüismo

BOIRO> O PP de Boiro denuncia que volveu quedar deserto o concurso para executar a reforma dos novos hangares do club de piragüismo. Era a segunda vez que saía a licitación o proxecto cun orzamento que os populares consideran moi por debaixo do prezo real.

Ningunha empresa presentou a súa oferta para executar a reforma do antigo edificio das Colonias que acollerá o novo hangar do Club de Piragüismo Rías Baixas. É a segunda vez que a licitación queda deserta ó presentar un orzamento, din os populares, insuficiente para a execución da obra. Xa no primeiro procedemento, en agosto de 2022, dende o PP advertían desta cuestión.

Estiman dende o PP que o prezo de licitación non debería baixar dos 90 mil euros para asumir a suba dos custos de material e de produción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí