O concello da Pobra reducirá a súa débeda ata o 68 por cento

    POBRA > O concello da Pobra do Caramiñal presentou os orzamentos previstos para o 2006 cifrados nun importe total de 6 millóns 407 mil euros. Entre os principais obxectivos do executivo figura o saneamento integral do concello e a liquidación da débeda acumulada polo concello dende o ano 90 ó longo do presente e o vindeiro exercicio presupostario.

    O tenente alcalde do concello pobrés, Ricardo Lago, foi o encargado de desglosar os capítulos deste documento orzamentario que destinará máis de 500 mil euros para o pago de débedas pendentes situando a porcentaxe de endebedamento nun 68 por cento. Esta nova supón unha enorme satisfacción para o executivo que ten, entre as súas prioridades, levar o saldo negativo a cero ó longo deste exercicio e do 2007 no que destinará 168 mil euros para a cancelación da débeda restante. Tanto o alcalde como o primeiro edil amosaron a súa satisfacción ante a reducción do endebedamento finacieiro levada a cabo polo seu goberno ó longo dos últimos anos sen renunciar por elo a importantes investimentos para o desenvolvemento do municipio.presupostos1.gif

    O apartado de investimentos para o presente exercicio redúcese considerablemente con respecto ó ano anterior. A este respecto hai que ter en conta as grandes obras plurianuais como a remodelación da casa consistorial, o mercado muncipal ou a nova casa da cultura que xa non figuran no exercicio actual. A contía das inversións ascende a máis de millón e medio de euros, dos cales arredor de 950 mil euros serán sufragados por diferentes administracións e máis de cincocentos mil polas arcas municipais.

    Entre as partidas incluidas neste capítulo figuran inversións para o equipamento e mobiliario da casa do concello, armamento para policía local, eliminación de barreiras arquitectónicas, mobiliario urbano, sinalizacións viaria e alumeado público, acondicionamento de parques infantís ou a  peonalización do entorno da praza Victoriano García Martí e da casa da Cultura Raquel Fernández Soler, entre outras.

    Así mesmo detállanse as actuacións finaciadas por outras administracións con especial incidencia no medio rural como son o sanemanto da Ribeiriña, a estrada do hospital ou as actuación scontempladas no p o Plan Rural da Xunta de Galicia, oremate do paseo da Pedra da Moura, a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e o acondicionamento do campo de fútbol municipal, financiado pola Deputación da Coruña e o concello.

    Ademais dos investimentos, que continuan co mesmo ritmo que en anteriores exercicios, o apartados de gastos inclue outros capítulos de importancia que foron desglosados polos responsables do executivo local.

    Os gastos de persoal ascenden a máis de 2 millón 400 mil euros, nos que se inclue un apartado de 24 mil euros para facer fronte á débeda por asistencia farmaco-sanitaria, a raíz do convenio colectivo recentemente aprobado.

    Os gastos correntes e de servizos inclúen unha partida de 80 mil euros para a mellora de pistas rurais, ademais das aportacións doutras administracións, así como unha contía de 18 mil euros para facer fronte a unha sentencia por impago do anterior goberno, que se vén sumar ós 470 mil euros para o pago de facturas correspondentes a exercicios anteriores.

    Os gastos financieiros cífranse en 173 mil euros, practicamente a mesma cantidade que o pasado ano mentres que as transferencias correntes que o concello destina a certas entidades e servizos experimenta un notable aumento co incremento da subvención á Mancomunidade de Municipio Arousa Norte nun 24 por cento.

    As transferencias de capital rexistran unha importante diminución con respecto ó pasado ano, a pesar da partida de 100 mil euros para  saneamento en Posmarcos e o Xobre.

    Os activos financieiros consistentes en anticipos de persoal e créditos a curto prazo ascenden a tres mil euros e os pasivos financieiros supoñen un gasto de 170 mil euros para a amortiación dos créditos anteriores.presupostos2.gif

    No referente ó apartado de ingresos, o capítulo de impostos directos, no que se incluen o IBI, o IAE e o de vehículos, aporta ás arcas municipais un millón 127 mil euros m,entres que os indirectos supoñen 1 millón 200 mil.

    En canto ás taxas e outros ingresos rexístrase unha reducción con respecto ó ano anterior debido ó convenio con Acuagest que suprimía certas tarifas pasando a supoñer uns 730 mil euros.

    Experiméntase un incremento nos ingresos patrimoniais grazas ós convenios co cámping Ría de Aorusa e o restaurante do mercado municipal mentres que as subvenciósn procedentes doutras administracións e entre privados baixan achegándose ós 980 mil euros. Os activos finacierios sitúanse en tres mil euros mentres que os pasivos están a cero posto que non é precisa a solicitude dun crédito para afronta-la débeda do concello.

    Redacción Barbanza