Noia programa unha ampla oferta de lecer de maio a outubro

NOIA> O concelleiro de Cultura de Noia mantivo unha xuntanza con representantes do sector hostaleiro para trasladarlle a programación prevista polo concello para o verán. Ademais das grandes citas como a Feira Medieval e as festas de San Bartolomeu, o concello deseñou unha ampla oferta durante toda a tempada estival.

Non haberá fin de semana en Noia sen oferta cultural. de maio a outubro sucederanse as numerosas propostas deseñadas polas concellerías de Cultura e Festexos para manter unha programación estable durante toda a tempada estival. En maio, ademais das actividades das Letras Galegas, terán lugar os concertos de fin de curso dos nenos da escola de música que se desenvolverán no coliseo Noela.En xuño, unha da principais novidades será un festival de música independente que se celebrará o día 25 mentres que xullo será o mes no que se recupera unha das grandes citas festivas de Noia, a feira medieval.

Agosto arrancará con música: primeiro o festival Internacional de harpa e a continuación o de jazz. O día 20 celebrarase o Sancosmeiro que dará paso ás festas de San Bartolomeu a aprtir do día 23.

A medida que se acheguen as datas o concello detallará de forma pormenorizada cada un destes eventos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí