![]()
CAMBADOS> O alcalde e varios edís do seu goberno doan sangue na unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia.
{flowplayer}images/salnes/doazon_cambados.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> Cambados leva varios anos sendo un dos concellos máis solidarios de Galicia, a lo menos polo número de doazóns de sangue feitas polos seus veciños. Hoxe quixeron dar exemplo desde o propio Concello.
O alcalde e varios edís acudiron a doar á unidade móbil instalada ó lado do centro de saúde. Segundo datos do Centro de Transfusión de Galicia, en Cambados fixéronse o ano pasado 853 doazóns, situándose por riba da taxa recomendada pola Organización Mundial da Saúde, que é de 40-60 doazóns por cada mil habitantes e ano, e superando así a media galega e a española.
Acompañando a Aragunde estivo a deputada autonómica Rosa Oubiña e os edís Mar Castro, Antonio Iglesias e Isabel Varela, inda que esta última non puido doar ó estar recen operada. A unidade móbil seguirá mañá en Cambados e con ela un posto de información sobre doazón de órganos.
Redacción Salnés










