O Interrías inicia ante o Parrulo o seu periplo en 1ªA

salgueiro250_170909.jpgSANXENXO> O Viajes Interrías volve á Primeira Nacional A despois do seu ascenso a temporada pasada. Este ano as cousas serán máis complicadas, polo nivel dos rivais e polas dificultades que tiveron á hora de confeccionar o plantel.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_170909.flv{/flowplayer} 

O Viajes Interrías inicia este sábado a súa temporada na Primeira Nacional A. Volve un ano despois á categoría que lle corresponde. O debut será na casa ante un rival que parte como candidato ó ascenso, o Parrulo (Baltar, 18:00 hrs.). Non se descarta dar a sorpresa pero o obxectivo deste ano é sen dúbida algunha a permanencia.

E é que o equipo sufríu un cambio radical. Por unha banda as marchas de xogadores clave no ascenso do ano pasado como Javi Santos, Pitu ou Bruno Ribiero. Ademais, á directiva non lle foi doado reforzar o plantel. Chegaron catro caras novas: Óscar, ex do Mexillón de Ouro; Alan e Iago, do Troula, e o último en vir Javier Bendiz, con experiencia en División de Prata.

O que será novo no banquiño é José Luis Salgueiro que asume o reto con ilusión. Sabedor das dificultades que entrañará salvar a categoría, non desexa cambiar a filosofía de xogo que o Interrías desenvolveu nos últimos anos. Continuarán a ser agresivos e a levar o ritmo de partido. 

Redacción Salnés