Pontevedra lidera en Galicia a retirada de carnés de conducir

    trafico100_170909.jpgPONTEVEDRA> A provincia lidera en Galicia a retirada de carnés de conducir e está só por detrás de Barcelona, Madrid, Málaga e Sevilla.

    {flowplayer}images/salnes/trafico170909.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra lidera en Galicia a retirada de carnés de conducir e en España sitúase só por detrás de Barcelona, Madrid, Málaga e Sevilla.

    Segundo os datos da Dirección Xeral de Tráfico, un total de 1.293 condutores quedaron sen carné no que vai de ano por infraccións que supuxeron a retirada dos puntos. E as principais causas seguen a ser, por este orde, a velocidade, non usar o cinto, falar polo móbil ó volante, o alcohol, e non respectar os sinais de stop.

    A Subdelegación do Goberno en Pontevedra presentou o balance de tráfico deste verán, que ofrece malas novas tamén en canto a accidentes mortais. Once persoas faleceron entre xullo e agosto nas estradas da provincia, cinco máis que no mesmo período do ano pasado. Inda que é o segundo verán menos malo, despois dos 16 mortos de 2006 e dos 21 que houbo en 2007.

    Dos once que houbo este verán, cinco aconteceron en estradas secundarias e incluso en camiños veciñais. Son as que usan os condutores, sobre todo en fins de semana, para escapar dos controis de alcoholemia. Aquí tamén imos á cabeza, xa que a provincia de Pontevedra é a décima en España con maior número de condutores ebrios ó volante. Outro dato preocupante do balance de tráfico é o número de persoas atropeladas. Entre xaneiro e agosto deste ano, morreron nove peóns.

    Redacción Salnés