Respaldo masivo dos socios á lista encabezada por Antonio Pérez

    eleccionsconrariaribeira_100_210909.jpgRIBEIRA> As eleccións celebradas para elixir á nova xunta xeral da confraría de Ribeira poñen de manifesto o cambio de rumbo que tomará a entidade.

    {flowplayer}barbanza/eleccionsconfrariaribeira.flv{/flowplayer}

    A xornada electoral caracterizouse pola alta participación. En total foron 267 socios os que acudiron á súa cita coas urnas. Unha cita na que o apoio masivo recibiuno a candidatura presentada por Antonio Pérez Sieira, ex-presidente da agrupación dos mariscadores. Da súa lista saíron 22 dos 24 vocais que compoñen a nova xunta xeral.

    A totalidade de representantes do sector do marisqueo, seis, integran a lista de Pérez Sieira, ó igual que aconteceu cos cinco representantes da pesca de baixura. En canto ós representantes dos traballadores, os dez presentados na súa candidatura foron elixidos, mentres que os dous restantes sairán da lista presentada polo actual patrón maior, Antonio Argibay.

    A próxima cita será o nove de outubro, cando os membros da nova xunta xeral elixirán ó patrón maior. O respaldo masivo, con 22 representantes, xa asegura a elección de Pérez Sieira como novo dirixente do pósito ribeirés.

    Redacción Barbanza