O BNG solicitará a recuperación do Día de Rosalía

    BARBANZA> A través dunha iniciativa que presentarán na totalidade de concellos da comarca, o BNG da Barbanza pedirá a realización de actividades que difundan a obra e o compromiso vital da escritora padronesa. Seguindo as propostas da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, o Bloque Nacionalista Galego solicitará nos plenos dos respectivos concellos da comarca, a posta en marcha de actividades de promoción da obra de Rosalía de Castro. Na iniciativa pretenden ademais que as distintas corporacións acorden instar á Xunta de Galicia a recuperación do Día de Rosalía ó seu calendario do Libro e da Lectura, unha vez que a consellaría de Cultura, de xeito segundo eles inexplicable, non recolle, para o presente ano 2014, o 24 de febreiro como Día de Rosalía, como viña sendo habitual ata o de agora. Dende a formación frentista considérase que a difusión do coñecemento da obra e da figura da autora padronesa é necesaria para o conxunto do pobo galego, en especial para as xeracións máis novas, xa que marca a rotura da marxinalidade do galego e desafía a sociedade do seu tempo a través dun discurso comprometido coa súa terra e coas súas xentes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/28/bngbarbanzainiciativarosalia280114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/28/bngbarbanzainiciativarosalia280114.mp4{/flowplayer}