![]()
VILAGARCÍA> Vilagarcía acolleu o Campionato Galego de Clase 420 esta fin de semana. Finalmente e trala suspensión da última xornada por ausencia de vento os liceístas David Gestoso e Isaac Arce retiveron a primeira posición para alzarse co título.
A falta de vento volveu a ser protagonista e desta volta impedíu que se puidese disputar a última xornada programada no Campionato Galego de 420, polo que mantivéronse os resultados do sábado, con sete mangas navegadas.
Así as cousas e con tan só un punto de diferencia, David Gestoso e Isaac Arce, membros do equipo de regatas do club anfitrión, o Liceo Casino de Vilagarcía, alzáronse co triunfo final logo de auparse ó liderato na segunda xornada con dous primeiros postos nas últimas dúas mangas. Un punto por detrás deles situáronse Nicolás Rodríguez e Sergio Crespo, tándem do Real Club Náutico de Vigo e do Liceo Casino, actuais campións nacionais da clase e que se quedaron ás portas do triunfo sumando 13 puntos, un máis que os campións.
As viguesas Patricia Suárez e Irene Bastón foron as máis regulares do grupo de cabeza o sabádo e por iso puideron manter a terceira praza na xeral final, alzándose consecuentemente co título na categoría femenina.
O domingo, o Comité de Regatas chegou a dar a saída das últimas dúas regatas pero a caída total do vento fixo que foran suspedidas para ledicia dos campións, e tristura dos seus perseguidores, que non puideron loitar polo campionato.
Redacción Salnés






