O Ateneo reclama o apoio da afección para acadar o ascenso

futbolsala250_170310.jpgPOIO> O futbol sala femenino comeza a estar de moda en Poio. Todo grazas ó Ateneo Combarro Futbol Sala que a cinco xornadas para o remate da liga ten moitas posibilidades de meterse na fase de ascenso a División de Honor. Hoxe, dende a as oficinas da conserveira Pescamar, un dos seus principais patrocinadores, mandaron unha mensaxe a tódolos afeccionados para que lles apoien neste tramo final de liga.

{flowplayer}images/salnes/futbolsalaPoio_170310.flv{/flowplayer} 

O traballo de moitos anos comeza a facerse máis visible agora. O Ateneo Combarro de futbol sala está moi preto de colocar a un equipo na máis alta categoría nacional. Restan cinco xornadas para o remate da liga, son terceiras a catro puntos do líder pero cun partido menos disputado. Son por tanto cinco finais nas que se xogarán a primeira praza do grupo que dá acceso á fase de ascenso. Un segundo posto podería valerlle tamén entrando como un dos dous mellores segundos dos catro grupos que hai. Terá que xogar ante os dous equipos que lle preceden na táboa, polo que a emoción para este tramo final é máxima. 

A primeira deses cinco finais disputarase este sábado. A partires das 18:30 o Casarrubios FS de Toledo rinde visita en Poio. Un rival a priori asequible.

Redacción Salnés