José A. Cacabelos: ‘O proxecto do porto deportivo é imparable’

    porto_deportivo_grove_100_230909.jpgO GROVE> Mar e Portos de Galicia presentáronlle ó alcalde as obras que prevén realizar: a ampliación e reordenamento dos peiraos de O Gove e Meloxo.

    {flowplayer}images/salnes/230909_porto_deportivo_grove.flv{/flowplayer}

    A construción do Porto Deportivo de O Grove parece estar cada vez máis próxima. Nestes intres, a Xunta traballa no deseño do anteproxecto, que en liñas xerais, consistirá na ampliación e reordenación das zonas portuarias de O Grove e Meloxo. Onte, a conselleira do Mar, e o presidente de Portos de Galicia citaron en Santiago ó alcalde grovense, José Antonio Cacabelos, para explicarlle de primeira man os pasos que están a dan na redacción deste borrador e as actuacións que pensan levar a cabo. En liñas xerais, a ampliación e reordenación dos portos de O Grove e Meloxo.

    Con estas actuacións, o concello do Grove pretende satisfacer as demandas dos profesionais do mar e do sector d o turismo e os deportes náuticos. O obxectivo: que o municipio se converta nun dos referentes portuarios da ría de Arousa. O porto deportivo perfílase como un proxecto a medio prazo.

    Pero durante a xuntanza mantida cos representantes da Xunta, Cacabelos propuxo outras actuacións en materia portuaria que revisten unha maior urxencia. Como é o caso de Porto Meloxo, ó que tamén se pretende transformar na central de descarga de mexillón de referencia en Arousa.

    Para responder ás dificultades de amarre que teñen os usuarios da sétima lista, o rexedor local propuxo trasladar cara afora o actual dique de abrigo e habilitar a parte interior para o atraque destas embarcacións, unhas 70. Dentro dun mes ou mes e medio está previsto que Xunta e goberno local repitan o encontro de onte, esta vez no Grove. Será entón cando se dean as últimas puntadas antes de redactar o proxecto do porto deportivo, e así, de cara a xaneiro, poder solicitar xa a avaliación ambiental pertinente.

    Redacción Salnés