Os vilagarciáns preocúpanse polos carteiristas e os billetes falsos

    VILAGARCÍA> Coidado en Vilagarcía posto que a varios veciños xa os enganaron con billetes falsos ou lle roubaron a carteira, entre outras tropelías. Os amigos do alleo actúan sobre todo os días de mercadillo, martes e sábado, cando se xunta máis xente na vila. Varios estafadores están a introducir nas últimas semanas billetes falsos, sobre todo de vinte e cincuenta euros. Os últimos enganos producíronse nos postos do mercadiño onde os delincuentes enganaron a varios vendedores con diñeiro que non era de curso legal. Pero o que máis preocupa á cidadanía é que non se acabe cos carteiristas, que principalmente nos días de feira se dedican a delinquir reiteradamente. Amais nos últimos días chegou o roubo por aperta que xa tivo lugar en varios Concellos do Salnés: tras recibir unha esmola a suposta pobre abrázase afectuosamente ó doante para agradecerlle o donativo.É entón cando aproveitan o roce para facerse cas cadeas de ouro e demais cousas de valor que leve enriba. Amais hai veciños preocupados pola vaga de roubos en vivendas: este é para os vilagarciáns o lugar máis vulnerable. Comerciantes da Praza de Abastos seguen a protestar pola existencia dos gorrillas no entorno do mercado que, as veces, case obrigan a dar propina por deixar aparcar neste espazo público; moitas veces amedrentando á clientela. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/mercadillo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/roubos_vilagarcia_281113.mp4{/flowplayer}