Miñanco manterá a folga de fame ata abandonar o réxime de illamento

PONTEVEDRA> Suspéndese o xuízo pero o que continúa polo de momento é a folga de fame de José Ramón Prado Bugallo. O pasado sábado, Sito Miñanco declarábase en folga de fame en sinal de protesta polo trato que, denuncia, recibiu durante o traslado. Tampouco lle gusta a decisión da prisión da Lama de internalo nunha cela de illamento.

Sito Miñanco continuará en folga de fame. Así o anunciou esta mañá o seu avogado tras coñecerse a decisión do tribunal de aceptar a trámite a súa petición de recusación de dous maxistrados. O histórico narcotraficante cambadés tomaba esta decisión o pasado sábado, polo trato recibido durante o seu traslado dende o cárcere madrileño de Alcalá Meco ata Galicia. Tampouco lle gusta a decisión da prisión de A Lama de internalo nunha cela de illamento.

Tras cumprir cinco días en folga de fame, esta decisión xa está a ter efectos na súa saúde.

Así as cousas, a intención de Miñanco é manterse nesta actitude ata que a prisión atenda á súa petición de abandonar o réxime de illamento.

Segundo explicou o seu letrado, a prisión da Lama dediciu internalo en illamento por consideralo dirixente dunha organización criminal internacional que conta con recursos suficientes para facer chegar ao interior da prisión obxectos prohibidos e axudalo na evasión.