Meis saca adiante os orzamentos para 2006 co BNG en contra

    plenomeis_100_300506.jpgMEIS > O concello de Meis sacou adiante os orzamentos para 2006 cos votos en contra do BNG. A contía ascende a 2,8 millóns de euros que foron obxecto dunha ampla discusión na que se enlearon o alcalde José Luís Pérez e maila voceira nacionalista María do Carme Rodiño.

    joseluisperez_300_300506.jpgO BNG de Meis votou en contra da aprobación dos orzamentos para 2006 que o equipo de Goberno presentou para este ano. Pero a folgada maioría coa que contan os populares na corporación sacou adiante uns presupostos que os nacionalistas aseguran supoñen a metade de inversión que os do ano pasado e que aparecen coxos no capítulo dos ingresos que xustifican certos gastos.

    O BNG atacou tamén no prazos de presentación dos orzamentos do ano, presentados cando van aló cinco meses dende que comezou. Presentaron ademais unha moción ós orzamentos na que insisten en que o equipo de goberno non acertou nas necesidades máis importantes do concello e que carece dun plan de progreso.

    José Luís Pérez tildou de reiterativo o discurso dos nacionalistas que aseguran que Meis está en claro retroceso pola perda de habitantes. Migran, sosteñen, cara outros concellos e a solución no pasa pola creación de urbanizacións en chan común.

    A moción do BNG quedou anotada sen ser votada e os orzamentos saíron adiante contemplando, principalmente, inversións nas melloras dos viais.

    Redacción Salnés