Telmo Martín: ‘O PXOM é insuficiente, conformista e carece de ambición’

    pp_pxom_pontevedra100.jpgPONTEVEDRA> O Concello remitirá xa o novo PXOM á Xunta. O PP non porá trabas inda que insiste en que é insuficiente.

    {flowplayer}images/salnes/pp_pxom_pontevedra.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os tres grupos políticos que forman a corporación de Pontevedra acordaron remitir xa o novo PXOM á Xunta. Sen embargo, non houbo unanimidade na reunión celebrada esta semana. O PP explicou hoxe que non porá trabas para que o plan vaia tal como está á Xunta, pero insiste en que é un documento sen ambición.

    O PXOM que remitirá o Concello de Pontevedra á Xunta é o que presentou o equipo redactor en xuño deste ano. O PP considera que é insuficiente e conformista porque non inclúe grandes vías de comunicación, nin solo abondo para produción industrial. No plan recóllense 2,4 millóns de metros, pero o PP pide 6 millóns, como se propón por exemplo no PXOM de Santiago.

    O PP asegura que en caso de chegar ó goberno nas vindeiras eleccións municipais de 2011 van someter a revisión o Plan Xeral e para iso farán un referendo entre a cidadanía. En teoría, a Xunta ten tres meses para elaborar o informe previo á súa aprobación inicial. O goberno local confía en que se faga antes para que o PXOM se poida expor ó público antes do verán de 2010.

    Redacción Salnés