Os praceiros maniféstanse pola falla de aparcadoiros

    VILAGARCIA> A Praza de Abastos de Vilagarcía abriu hoxe as súas portas pero cos postos de venda baleiros. Foi a forma de protestar dos vendedores ante a falla de aparcadoiros que está a minguar considerablemente a súa clientela.

    As nove da mañá a Praza de Abastos de Vilagarcía abriu as súas portas ó público pero cos postos baleiros; sen mercancía e sen tendeiros. Perderon un día de traballo co fin de protestar pola falla de zonas de aparcadoiros na contorna que cada día lles resta máis clientes. Desde esta rúa peonil lindeira á praza que eles queren que se reconvirta en zona azul e de carga e descarga polas mañás, partiron pancarta en man ata o Concello para facerse oír finalmente polo Goberno Municipal. En Ravella pediron que os recibise o Alcalde e os edís responsables do ramo, o de seguridade cidadá e a de comercio. Nesta mobilización contaron co apoio dos grupos da oposición e da Asociación Comercial Zona Aberta de Vilagarcía. E é que o pequeno comercio de Vilagarcía tamén denuncia esta falla de prazas de parking, que tamén a eles os fai perder clientes fronte as grandes áreas comerciais.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/praza1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/15/paron_praza_vilagarcia.mp4{/flowplayer}