A biblioteca municipal reabre as súas portas en Rey Daviña

    bibliotecavilagarcia copia100.jpgVILAGARCÍA> O cambio da rede eléctrica, da zona de informática ou a ampliación dos postos de lectura, son algunhas das actuacións.

    {flowplayer}images/salnes/APERTURA_BIBLIOTECA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Dende hoxe a biblioteca municipal volta a Rey Daviña estreando nova cara. As reformas efectuadas polo concello nos últimos meses deixan como resultado unhas instalacións moito máis amplas e adaptadas ás necesidades dos usuarios. Unha actuación que traballou sobre varios aspectos do edificio.

    Sobre os postos de lectura, a biblioteca mantén os 25 puntos da sala infantil e os 33 da de adultos. O aumento virá na planta superior: co novo mobiliario, dende o concello agardan superar os 86 postos cos que contaban antes das reformas. Uns resultados que convencen ó goberno local.

    Á espera de rematar algúns detalles, como a colocación de libros e mobiliario da planta superior, a biblioteca xa funciona a pleno rendemento na súa sé de Rey Daviña. Sen embargo, o concello deixou un pequeno posto de lectura no auditorio para os usuarios acostumados a ese entorno.

    Redacción Salnés