O Vilagarcía parte a Italia en busca do triunfo no mundial

platu250_230909.jpgVILAGARCÍA> Esta pasada madrugada partíu rumbo Italia a tripulación do Vilagarcía, o barco arousán que vai disputar o Campionato do Mundo de Platú 25.Cos irmáns Paz á cabeza, os regatistas viaxan coa intención de chegar a Punta Ala mañá a primeira hora da mañá, para así poder inciar canto antes os adestramentos.

De madrugada e en furgoneta partía hoxe a expedición do Vilagarcía dos irmáns Paz. O seu destino, Punta Ala, a máis de 2.000 quilómetros das súas casas, lugar onde se vai celebrar a partir do vindeiro martes o Campionato do Mundo de Platú 25, en doce mangas que se extenderán ata o sábado. Terán polo tanto cinco días, ata a disputa da primeira proba para a posta a punto do barco e tamén para coñecer as condicións de navegación coas que van contar no Tirreno.

Mañá mesmo realizarán o primeiro adestramento, poucas horas despois de chegar a Punta Ala. Alí atoparanse con preto dun centenar de embarcacións que buscan ter tamén un papel destacado no mundial, catorce delas serán españolas, conformando así a flota máis sólida de cantas se trasladan a Italia.

O Vilagarcía parte con serias opcións de triunfo, non en van son os actuais campións de España, tamén o foron en 2007 e 2008, e ostentan un bronce no mundial acadado precisamente hai tres anos. Ademais queren quitarse a espiña que teñen cravada dende o ano pasado cando non pudieron pasar da séptima praza en Creta.

Os seus maiores rivais no camiño ó podium serán os propios barcos españois e o actual campión do mundo, o Modus Vivendi grego.

Os irmáns Paz liderarán unha vez máis a tripulación do Vilagarcía, antes de poñerse mans á obra co seu proxecto olímpico en 49er. Carlos fará as funcións de patrón, Antón de táctico, e xunto a eles Esteban Gañete, como trimmer, Joaquín Cores ó piano e Bernardo Paz, como proa. Juan Debén completará o grupo en calidade de suplente.

Redacción Salnés