Alma Pérez representará a España no Campionato Europeo Sub-21 de Taekwondo

BOIRO> O Concello de Boiro despediu hoxe á deportista Alma Pérez, que foi convocada pola Selección Española de Taekwondo para participar no Campionato Europeo Sub-21 que se vai celebrar na cidade Helsingbor, en Suecia.

Só ten 17 anos, pero Alma Pérez xa é un referente no mundo do Taekwondo, Despois de firmar unha gran tempada e tras gañar en maio o Campionato de España Sub-21, agora diríxese o Campionato Europeo Sub-21 coa selección española.

Nesta tempada Alma Pérez tamén gañou o campionato de Europa por clubs, é campioa galega na categoría absoluta e en Sub-21 e foi bronce no Open de Francia en categoría absoluta.

O Concello de Boiro quixo despedir a unha das súas deportistas máis laureadas.

A deportista boirense enfróntase a este campionato como un dos máis importantes da súa carreira.

Alma viaxará ata Suecia o próximo día 5 de setembro, para deixar a Boiro e a España no alto do podio.