O BNG aposta pola creación dun ARI no casco antigo da Pobra

    POBRA> O BNG da Pobra propón a creación dun área de rehabilitación integral no casco antigo da vila co fin de fomentar a restauración de vivendas en mal estado. na moción presentada polos nacionalistas contémplase ademais a creación dunha bolsa de aluguer social que contribuiría a fixar poboación no municipio a través da ocupación de vivendas baleiras. A existencia de numerosas vivendas desocupadas no casco antigo da Pobra preocupa á agrupación nacionalista que vén de solicitar, a través dunha moción, a creación dunha área de rehabilitación integral ou a posibilidade de optar a novas liñas de axuda como a Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana. Un exemplo do deterioro ó que fai referencia o BNG atopámolo no barrio da Covecha onde algúns inmobles presentan xa un avanzado estado de deterioro. Os nacionalistas propoñen que se promovan obradoiros de emprego para a restauración destes espazos. Estas medidas poderían ir acompañadas da creación dunha bolsa de alugueiro social que, ó tempo que busca a redución do número de vivendas baleiras, contribúe a fixar poboación no concello.