Rianxo acolle ata o domingo unha nova edición do Encontro Internacional da Zanfona

RIANXO> A actividade, organizada pola Central Folque, coa colaboración do Concello, contará este ano coas actuacións de Germán Díaz e Benxamín Otero, entre outros.

O Festival Internacional de Zanfona organizado pola Central Folque en colaboración co Concello, cumpre xa quince edicións. Trátase dunha cita consolidada no calendario cultural rianxeiro e un referente internacional que converterá a esta vila mariñeira dende hoxe ata o domingo no punto de encontro para os amantes deste instrumento tradicional. A oferta nesta edición será do máis variada, con sesións didácticas, concertos a cargo de prestixiosos especialistas e tamén algunhas actividades abertas ó público en xeral, como é o palco da Zona da Zanfona, o xantar e a posterior foliada

Aproveitarase tamén este encontro para presentar o repertorio zanfoneiro coa segunda entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de todas as escolas de zanfona de Galicia.