O Xulgado declara inxecutable o derrube do taller de Ramos

    novasentenzaramos.jpgRIANXO> A nova foi acollida con gran satisfacción por parte do executivo local.

    {flowplayer}barbanza/novasentenzaramos.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden a unha das mobilizacións máis multitudinarias das organizadas en Rianxo a favor do propietario e dos traballadores do taller de Pedra Ramos. Era o ano 2008. Tiveron que pasar preto de tres anos para que o Xulgado do Contencioso Número 4 da Coruña declararase, despois do recurso presentado polo concello, inexecutable a sentenza ditada por este mesmo Tribunal no ano 2003, e posteriormente ratificada no ano 2006 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que obrigaba ó derrube do Taller, ó considerar ilegal a licenza outorgada no seu día para a súa instalación ó asentarse en chan rústico.

    Segundo explicou o propio asesor xurídico do concello, Xosé Roibás, a nave queda agora legalizada en virtude a un novo marco legislativo, neste caso a raíz da modificación levada a cabo na nova lei do solo de Galicia de febreiro de 2010.

    Recurso

    Aínda así a outra parte dispón de quince días para presentar recurso contra esta sentenza.

    Vía penal

    No proceso queda agora pendente a parte penal, na que a Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicita un ano e dous meses de prisión para o alcalde e catro concelleiros por un suposto delito de prevaricación na concesión da licenza de construción do taller, e na que se pide tamén unha pena de dous anos de cadea para o propietario da nave.

    Redacción Barbanza