O Conselleiro de Industria informa ós empresarios da FEB sobre as axudas para a creación de empregp

    BOIRO> O conselleiro de Industria, Francisco Conde, participou na Pobra nun encontro co empresariado da comarca. O acto, organizado pola Federación de Empresarios do Barbanza, tiña coma obxectivo avaliar os apoios do Goberno Galego á consolidación empresarial e a creación de emprego na zona. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu a un encontro co empresariado do Barbanza organizado pola patronal comarcal. A xornada, que tiña un fin técnico, serviu para informar das distintas ferramentas que a Xunta ten posto á disposición das empresas para mellorar o seu financiamento, consolidar o seu crecemento e xerar novos empregos. Durante a xuntanza analizáronse tamén as perspectivas de crecemento industrial da zona, un feito que o propio titular de Industria destacou, considerando ó Barbanza coma unha das comarcas máis puxantes, grazas á forte industria conserveira, cunha taxa de paro moi inferior a doutras zonas de Galicia.