Os montes do Barbanza acollen o Campionato de España de Rastro de Xabaril

BOIRO>  O segundo Campionato de España de Rastro de Xabaril reunirá nos montes barbanzáns a competidores das distintas comunidades autónomas.

Os montes da Pobra, Boiro, Rianxo e Dodro acollerán o próximo 22 de xuño o segundo Campionado de España de Cans atraillados de rastro sobre xabaril . Ademais da competición a nivel nacional na que se darán cita os primeiros clasificados de cada comunidade autónoma, disputarase tamén a 2ª Copa de España Xuvenil e a 1ª Copa de España Feminina.

Dende o concello de Boiro amosaron o seu apoio a este nova modalidade deportiva con cada vez máis afeccionados na que Galicia é pioneira.

Aínda que a competición desenvolverase o sábado, as participantes reuniranse xa o venres no acto de presentación e reparto de dorsais que terá lugar no Pazo de Rianxiño.