O BNG de Outes aposta pola dinamización do comercio local

OUTES> O BNG de Outes promove unha campaña de dinamización do comercio local durante este Nadal. Animan a mercar no pequeno comercio e a consumir productos locais co fin de manter vivo o tecido empresarial da vila.

Dende a agrupación nacionalista botan en falla o desenvolvemento de campañas a nivel institucional polo que demandan do concello a realización de actividades de promoción do comercio e das empresas locais.

Nesta liña, a responsable comarcal avoga por promover o asociacionismo para manter vivo o tecido empresarial local como factor de creación de emprego e dinamización económica.