Cuntis corta o subministro de auga polas noites en dúas parroquias

    cortes_cuntis_copia100.jpgCUNTIS> As primeiras afectadas son Troáns e A Anllada, que sufrirán as restricións dende as dez da noite ata as oito da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/SUBMINISTRO_AUGA_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Con estas medidas o goberno local busca solucionar os problemas de escaseza de auga, provocada polas altas temperaturas e a falta de choiva. As parroquias de Troáns e A Anllada son as primeiras afectadas polas restricións. O concello considera que no rural é onde se consume máis auga en usos non domésticos, como o rego e o lavado de coches.

    En Cuntis o consumo de auga dispárase pola noite, sobre todo en zonas rurais, acadando os 1500 metros cúbicos. Pero precisamente estas parroquias son as que menos notan o corte, ó posuír cada casa pozo propio.

    Esta condición tamén animou ó goberno local a decidirse polo corte de auga nas zonas rurais, unhas restricións que nos casco urbano serían máis problemáticas. Aínda que os veciños comprenden a medida, non a comparten.

    A pesares destes cortes, a planta potabilizadora de Sebil, que abastece Cuntis e Moraña, está funcionando con normalidade.

     Redacción Salnés