As adegas de Rías Baixas recolleron xa uns 17 millóns de quilos de uva

    vendima_caino.jpgSALNÉS> O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prevé que de cara ó venres finalizará a vendima nas cinco subzonas da Denominación.

    {flowplayer}images/salnes/280909_VENDIMA.flv{/flowplayer}

    A última actualización de datos realizada esta mañá polo Consello Regulador da DO Rías Baixas indica que nestes intres, as adegas da Denominación levan recollidos en torno ós 17 millóns de quilos de uva. Nas subzonas do Rosal e O Condado, onde a vendima comezou sobre o 14 de setembro, xa están a piques de rematar a colleita. No Val do Salnés, o groso dos traballos concentrouse entre o xoves e sobre todo na fin de semana, aínda que hoxe e mañá serán tamén dúas xornadas intensas. Como exemplo, esta parcela de Castrelo, en Cambados, propiedade da adega Luís Padín Rey. Aquí comezaban esta mañá a recoller os primeiros acios de caíño tinto, unha variedade pouco habitual na subzona do Salnés e que vendiman sempre ó rematar co albariño.

    O caíño tinto é unha variedade máis propensa que o albariño ós ataques de fungos, sobre todo mildiu e botrite. Aínda así, e ó igual que o albariño, este ano a calidade dea uva e o seu estado sanitario son óptimos.

    O Consello Regulador calcula que de cara ó final de semana tódalas adegas da DO estarán pechando as colleitas. Será entón cando dispoñan de datos máis exactos sobre a produción total de uva na DO, que calculan será un dez por cento superior á do 2008.

    Redacción Salnés