![]()
CATOIRA> A Ministra de Fomento, Ana Pastor, visitou esta tarde as obras do AVE en Catoira para esceneficar o seu compromiso con esta…
{flowplayer}images/salnes/ana_pastor_visita_obras_ave.flv{/flowplayer} .
.. infraestructura, que entende que estará rematada a primeiros do ano 2014. A Ministra de Fomento asegurou que esta parada en Catoira era a primeira doutras moitas visitas, que se van a suceder alí onde haxa problemas con esta infraestructura vital para a nosa comunidade. Pastor comprometeuse ademais a dotar a estas obras do orzamento preciso, cifrado en máis de 700 millóns de euros, sen contar a estación de Vigo. Esta Ponte de Catoira suporá unha achega de máis de 114 millóns de euros.
A representante do goberno central quixo tamén deixar claro que esta infraestructura promovida no ano 2000 polo executivo autonómico, que daquela lideraba Manuel Fraga; será tamén rematada polo actual goberno da Xunta de Galicia. O que si non precisou foi a data de conexión do AVE galego ca Meseta.
No tocante á reunión solicitada pola Plataforma Salva o Tren, que loitan por evitar que se suprima o eixo ferroviario de cercanías nesta comarca, Ana Pastor, asegurou que a súa postura ía a seguir sendo a mesma que cando estaba na oposición.
Redacción Salnés











