VILAGARCÍA>
A rexeneración da Praia do Preguntoiro en Vilaxoán avanza a bo ritmo. A empresa responsable dos traballos xa aportou máis da metade dos 6.500 metros cúbicos de area cos que se intentará solucionar as perdas sufridas polos arrastres das mareas. Os veciños da vila están moi satisfeitos con esta actuación pero non perden tempo, e conseguida a rexeneración, xa están a propoñer novas obras para mellorar os arredores, como o acondicionamento dunha praza con aparcamentos e zonas verdes.
Este mércores comezaban os traballos de rexeneración da praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, e en apenas tres días, a empresa responsable xa leva incorporados 3.700 metros cúbicos de area. Máis da metade dos 6.625 que está previsto distribuír no areal para suplir os arrastres ocasionados por mareas e temporais.
Satisfacción entre os veciños que esta mañá se reunían co alcalde e a edil de Urbanismo para comprobar o avance da actuación e plantear outras melloras que precisa a zona. Entre elas, a canalización das tubaxes que transportan as augas pluviais. Preténdese que en lugar de rematar na praia, se poidan reconducir cara o porto.
Outra demanda sobre a que comezarán a traballar será o acondicionamento da explanada que se atopa fronte á praia. A Asociación de Veciños xa fixera un bosquexo para urbanizar esta zona, habilitando aparcamentos e espazos verdes.
Sen ter aínda nada atado, desde o concello barallaríase a posibilidade de acomete resta obra mediante unha colaboración con Portos de Galicia, de xeito que as dúas administracións se fixeran cargo de custes e obra.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/rexeneracionpreguntoiro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/06/REXENERACION_PREGUNTOIRO.mp4{/flowplayer}