A Xunta e o Concello de Valga presenta o proxecto de rehabilitación da mina Porto Piñeiro

VALGA> A xunta e o concello de valga presentan o proxecto de rehabilitación da mina de porto Piñeiro. Con este plan búscase recuperar a zona converténdoa nun espazo moderno, sustentable e desfrute dos cidadáns. O concello agarda comezar cos primeira fase, ao longo deste ano.

A mina de Porto Piñeiro é un tesouro natural que se atopa no concello de Valga. Un espazo recuperado polo concello e que agora o goberno local xunto coa xunta queren poñer en valor. Para iso, ambas administracións presentaron o proxecto de rehabilitación do lago e a súa contorna.

O obxectivo é crear un espazo accesible de lecer e deportivo, sustentable e que respecte o medio ambiente.

O proxecto está dividido en varias partes: un paseo que percorrerá todo o lago, unha zona de lecer e deportiva e outra con carácter turístico pero sempre respectando a natureza do lago.

Dende o concello mostran a súa ilusión por este proxecto que podería impulsar o turismo na vila.

O proxecto inclúese dentro doutro máis amplo que se completaría coa recuperación das antigas torres e das vagonetas. O goberno local agarda sacar a licitación, ao longo deste ano, a primeira fase da rehabilitación e crear así a senda peonil ao longo da mina de Porto Piñeiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí