Arranca a campaña de vacinación contra a gripe estacional

    campanagripe_100_280909.jpgBARBANZA> Este luns iniciouse a campaña de vacinación contra a gripe en Galicia na que se prevé repartir seiscentas setenta e cinco mil doses.

    {flowplayer}barbanza/campanagripe.flv{/flowplayer}

    Na comarca da Barbanza, como no resto de bisbarras galegas, os centro de saúde abriron a campaña de vacinación da gripe estacional. O ambulatorio da Pobra recibía este luns ás primeiras persoas que precisan inmunizarse contra o virus da coñecida como gripe común, que se fortalece coa chegada das épocas de frío.

    A Consellería de Sanidade xa repartiu nos máis de mil puntos de vacinación existentes na comunidade galega, 645 mil doses de vacinas antigripais e trinta mil de vacinas antineumocócicas, un 23 por cento máis que o pasado ano.

    Grupos de risco

    Estas doses irán destinadas aos maiores de sesenta e cinco anos e as persoas que integran os grupos de riscos. As mulleres embarazadas e os rapaces de seis meses ata dezaoitos anos con tratamentos prolongados de aspirina tamén se inclúen dentro deste grupo de riscos.

    Esta campaña estacional de vacinación antigripal deberá diferenciarse da campaña fronte á gripe pandémica A, para a que esta vacina non ten eficacia protectora demostrada.

    A campaña contra o virus da gripe A iniciarase en canto o determine o Ministerio de Sanidade, unha vez que a Axencia Europea do Medicamento autorice a vacina, que tamén poderán recibir todos os que xa se inmunizaron contra a gripe común.

    Todas aquelas persoas que precisen vacinarse deberán acudir ao seu centro de saúde co carné de vacinación. Alí tamén recibirán información e poderán solicitar a cita previa.

    Redacción Barbanza