Catoira dinamizará o entorno das Torres do Oeste

    foto_catoira_100.jpgCATOIRA> O entorno das Torres do Oeste en Catoira será obxecto dunha importante mellora no vindeiro ano. Estas obras virán a conservar o…

    {flowplayer}images/salnes/280909_proxecto_as_torres.flv{/flowplayer} .

    .. conxunto arquitectónico-histórico-paisaxístico e medioambiental, ó tempo que lle dá un novo pulo. O Concello local ven de presentar o anteproxecto que será executado e financiado case integramente polos Ministerios de Fomento e Cultura; aproveitando a partida económica que se destina a compensar o impacto do paso da liña de alta velocidade neste concello. Esta actuación, ó igual que a anterior realizada fai 16 anos, está deseñada polo arquitecto César Mosquera; que traballará de xeito conxunto con outros especialistas para realizar unha remodelación en varios eidos.

    O investimento global será de un millón trescentos mil euros que se desglosarán en varias actuacións concretas, como a creación dun centro de activación do patrimonio, a prolongación do paso elevado de madeira, a dotación de mobiliario urbán, un escenario ocasional e bancadas ou a continuación das escavacións arqueolóxicas.

    O executivo local agarda a que a redacción do proxecto podería adxudicarse a primeiros do ano que ven, o que facilitaría a adxudicación propia das obras a mediados do 2010.

    Redacción Salnés