López Cambeiro, campión galego de fotogafía submarina

submarinismo250_120509.jpgSANXENXO> O Real Club Náutico de Sanxenxo organizou esta pasada fin de semana o Campionato Galego de Fotografía Submarina. Preto de 30 participantes derónse cita nesta competición que se desenvolveu nas inmediacións da Illa de Ons e na que Xoán López Cambeiro levouse o título.

{flowplayer}images/salnes/fotografiasubmarina_120509.flv{/flowplayer} 

As augas que bañan a Illa de Ons foron o escenario do IV Campionato Galego de Fotografía Submarina en apnea. Un deporte quizáis non demasiado coñecido pero que ten milleiros de practicantes na nosa rexión. De feito a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, conta con 6.000 licencias, case tantas como as que ten a vela, un dos deportes máis arraigados á nosa terra.

No estrictamente deportivo, a proba, tivo unha duración de tres horas. Os participantes tíñanse que sumerxir para tentar acadar as mellores fotos posibles. A calidade das capturas contaba, e por suposto tamén as especies fotografiadas; cada unha delas ten un coeficiente de dificultade asignado, acorde ó complicado que é atopalas no mar.

Tralas deliberacións do xurado, reunido na Sede Náutica de Caixa Galicia, en Sanxenxo, o campión galego absoluto resultou ser Xoán López Cambeiro, do Club Oza O Puntal da Coruña. Detrás del, en segunda posición rematou o participante local, Alberto Martínez do Náutico de Sanxenxo.

A primeira clasficada entre as mulleres foi Cristina Varela Lage, que capturou fotos como esta que lle serviron para convertese ademais na primeira campiona gaelga da historia nesta especialidade. Foi quinta na xeral.

A entrega de trofeos tivo lugar na propia Sede Náutica de Caixa Galicia, en Sanxenxo, onde se homenaxou ós vencedores.

Redacción Salnés