O Club de Piragüismo Verducido celebra os seus 10 anos de historia

Pontevedra> O Club de Piragüismo Verducido celebra neste ano o décimo ano do seu nacemento. Unha data que conmemorará con diferentes actos, un deles que xa tivo lugar na pasada noite, a inauguración da exposición fotográfica sobre a historia desta entidade. E o segundo unha festa que celebrarán no Pontillón do Castro o vindeiro 17 de maio.

O Club de Piragüismo Verducido está de aniversario, cumpre 10 anos, 10 anos de historia, e de moitas vitorias neste mundo do piragüismo. Para conmemorar esta data dende o club organizarán diferentes actos, un deles, xa tivo lugar na pasada noite a inauguración no Pontillón do Castro dunha exposición fotográfica sobre a historia da entidade. E a segunda unha festa que celebrarán o vindeiro 17 de maio.

Dende a Deputación quixeron amosar o seu apoio e tamén o seu agradecemento a todo o traballo realizado nestes últimos 10 anos.

E dende o concello tamén se uniron a este agradecemento, Anxos Riveiro deixou claro que o piragüismo é unha gran potencia para Pontevedra.

O presidente da Federación Galega de Piragüismo lembrou o traballo ben feito deste equipo pontevedrés.

O piragüismo estará de actualidade nesta fin de semana coa Copa de España de Maratón, unha cita que se celebrará en Pontevedra e que contará coa presenza de máis de 700 participantes, dos cales máis do 50 por cento son galegos.