O Concello adxudica o Plan de Mobilidade de Vilagarcía

    plan_trafico_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> A empresa Equipos de Técnicos en Transporte e Territorio S.A. redactará o Plan de Accesibilidade e Mobilidade.

    {flowplayer}images/salnes/plan_trafico_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A empresa Equipos de Técnicos en Transporte e Territorio S.A. será a encargada de redactar o Plan de Accesibilidade e Mobilidade do Concello de Vilagarcía.

    Este documento sentará as bases para mellorar a fluidez do tráfico e para garantir a accesibilidade e seguridade na cidade. O traballo adxudicouse por un importe de 63.750 euros e cun prazo de execución fixado en 9 meses. A empresa adxudicataria ten realizado importantes traballos, como o estudio de Mobilidade da cidade de Toledo, ou o do novo trazado ferroviario ó seu paso por Tarragona.

    O Plan de Accesibilidade financiarse a través do Programa Arousa XXI. Será redactado por fases, seguindo as prescricións técnicas aprobadas no seu día polo Concello tras escoitar a tódolos colectivos implicados. O estudo terá que abordar e propor actuacións que melloren os fluxos de tránsito de vehículos e peóns, establecendo os sentidos da circulación e os percorridos do transporte público.

    Seguindo criterios técnicos, tamén terá que determinar cales son as mellores zonas para crear aparcamentos, paradas de taxi e bus, zonas de carga e descarga, así como as rúas idóneas para peatonalizar e diversas medidas de eliminación de barreiras arquitectónicas. Tamén se establecerán medidas para fomentar o uso do transporte colectivo e mesmo o da bicicleta.

    Redacción Salnés