O Xulgado do Social resolverá o conflito laboral de Armarios Alonso

    armarios_alonso100.jpgSANXENXO> A dirección xeral de Relacións Laborais desestimou o ERE presentado pola empresa Armarios Alonso.

    {flowplayer}images/salnes/armarios_alonso.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A dirección xeral de Relacións Laborais desestimou o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa Armarios Alonso, de Sanxenxo.

    O departamento da Consellería de Traballo e Benestar non entra a valorar o fondo da cuestión e decidiu inhibirse a favor do Xulgado do Social, onde os traballadores presentaron demandas pola extinción de contrato e por despido. Estas denuncias fixéronas días antes de que a dirección de Armarios Alonso presentara o ERE. Polo tanto, será o xulgado quen decida agora as indemnizacións que corresponden ós 39 operarios, que poderían ser de 45 días por ano traballado.

    As demandas foron presentadas á volta das vacacións que colleron voluntariamente os traballadores en maio, xa que levaban meses sen cobrar. Á volta desas vacacións, atopáronse coas portas da fábrica pechadas e os empregados fixeron varios actos de protesta en Sanxenxo. Para os traballadores e a CIG, sindicato que os representa, o único que quería co ERE o dono da empresa era conseguir un despedimento barato.

    Redacción Salnés