Avanzan a bo ritmo as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns

SANXENXO> Avanzan a bo ritmo as obras de rehabilitación do Pazo de Quintáns en Sanxenxo. Representantes da xunta e do concello visitaron a primeira fase dunha reforma que conta cun investimento de 1,8 millóns de euros. O goberno local encargou a unha empresa a realización dun estudo de uso e xestión para coñecer a sustentabilidade do edificio.

Unha das grandes apostas do concello de Sanxenxo nos últimos tempos é a rehabilitación do Pazo de Quintáns en Noalla. A reforma que conta cun investimento de 1,8 millóns de euros atópase na súa primeira fase. Membros da xunta e do goberno local visitaron hoxe as instalacións do que se converterá nun punto de referencia patrimonial da vila.

O goberno local non só quere renovar un edificio histórico, senón tamén darlle unha segunda vida útil. Con ese obxectivo, o concello está facendo un estudo de uso e xestión da instalación.

Unha das primeiras administración que apoiou o proxecto de Sanxenxo foi a Xunta de Galicia. O vicepresidente, Alfonso Rueda, eloxiou tanto o edificio como a súa localización.

A primeira fase rematarase ao longo do 2020, previsiblemente no mes de maio. O estudo de uso e xestión estará listo no mes de febreiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí