UXT critica con dureza as últimas accións do goberno de Fole

     VILAGARCÍA> O sindicato criticou a Tomás Fole tanto polo ocorrido o pasado luns no pleno, como polo cambio de horario e creación de brigadas.

    {flowplayer}images/salnes/UXTRavella_030513.flv{/flowplayer} 

    Dende UXT Vilagarcía mandaron hoxe varios avisos ó goberno de Tomás Fole. Criticaron ó alcalde polo control de acceso ó que foron sometidas as persoas que asistiron ó pleno do pasado luns, e non só por iso, senón por tentar botarlle a culpa á Policía Local cando a responsabilidade foi súa.

    Na rolda de prensa estiveron presentes varios funcionarios municipais, delegados desta central sindical. No referente ós novos horarios e a realización de brigadas afirmaron que están cuprindo con todo o que se lles ordena, pero que levarán adiante o conflicto colectivo se é que o alcalde non quere sentarse a negociar con eles.

    En UXT tamén opinan que Fole non di toda a verdade sobre a situación económica do concello e que membros do equipo de goberno están a abusar actualmente das comidas de traballo, algo que segundo Francisco Núñez é legal, pero nada ético.

    Redacción Salnés