A Corporación fixa no 2010 o límite para adquirir a fábrica de Charpo

    charpo__100_290909.jpgVILANOVA> O goberno local pretende construir nesta zona un complexo multiusos con Auditorio, Escola de Música, Biblioteca e unha zona de ocio.

    {flowplayer}images/salnes/290909_pleno_vilanova.flv{/flowplayer}

    O BNG de Vilanova presentou ante o pleno da corporación unha moción na que instaba ó grupo de goberno local a axilizar os trámites para que o concello conte canto antes cun Auditorio. Os nacionalistas lembraron que hai case seis anos tódolos grupos da corporación aprobaran por unanimidade a construción desta instalación. Entón, o goberno municipal propuxera como posible emprazamento a parcela ocupada pola antiga fábrica de Charpo, propiedade no seu día do clan dos Charlín. Segundo o BNG, o tempo pasa sen que se avance na adquisición dos terreos, por iso, na moción presentada onte, propoñían fixar un prazo máximo de seis meses para facerse coa parcela. E de non conseguilo neste prazo, buscar unha alternativa.

    Segundo explicou o alcalde, a lentitude do proceso de adquisición dos terreos débese a que unha das naves atópase incautada pola Audiencia Nacional, e os trámites para conseguir a cesión ou propiedade da parcela son complexos. Portos de Galicia posúe a concesión da outra das naves.

    Gonzalo Durán manifestou o apoio do seu grupo á moción do BNG en tódolos puntos agás en fixar o prazo de obtención dos terreos en seis meses. O alcalde propuxo ampliar a todo o ano 2010 o tempo da negociación para facerse co espazo da antiga fábrica de Charpo. De non conseguilo, Durán comprometeuse a convocar de novo ó pleno para buscar unha localización alternativa. Unha proposta que foi aprobada por unanimidade.

    Redacción Salnés