![]()
A ILLA> Nunha breve e distendida reunión, a Conselleira Mar e os representantes das confrarías mostráronse de acordo nas actualizacións …
{flowplayer}images/salnes/REUNION ILLA.flv{/flowplayer}
…necesarias para a ampliación das instalacións pesqueiras, así como do porto. Para tódalas instalación isleñas, é prioritaria a instalación de dous centenares de atraques en pantaláns para o sector pesqueiro e mexilloeiro. Rosa Quintana afirmou que antes de avanzar coa obra era de vital importancia intercambiar opinión cos afectados.
O encontro de hoxe retómase do diálogo aberto o pasado mes de agosto entre a Conselleira do Mar e o Alcalde da Illa, Manuel Vázquez. Rosa Quintana comprometeuse a que dentro dun mes presentarían os novos proxectos do porto do Xufre e o custo. Coa nova ordenación portuaria, o sector deportivo e o artesanal situaranse máis preto da cidade.
Pola súa contra, o sector industrial, quedarase ó fondo do porto pero co apoio do vial. A conselleira do mar, deu como data o 2012 para a finalización das obras. Con esta mellora das instalacións espérase que se dinamice economicamente o centro urbano de A Illa.
Redacción Salnés






