O CRDORB espera superar os 22 millóns de quilos de uva

    vendima100.jpgSALNÉS> Os viticultores da D.O. Rías Baixas levan xa recollidos 21,5 millóns de quilos de uva e estiman superar os 22 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/vendima_rias_baixas.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> Os viticultores da denominación de orixe Rías Baixas continúan coa vendima, de feito algunhas adegas incluso a comezaron a mediados desta semana e estímase que a campaña non se pechará ata a que vén.

    De momento xa se recolleron 21 millóns e medio de quilos de uva e calcúlase que quedan 500 mil inda nas parras. A cantidade tamén vai parella esta campaña pola calidade. A uva está a entrar nas adegas en bo estado, cunha gradación media alta e incluso equilibrada coa acidez.

    A deste ano estase a definir como unha vendima relaxada e, sobre todo, selectiva, grazas ó bo tempo do último mes. O Consello traballa xa en varias campañas para darlle saída ós viños Rías Baixas. Para o consumidor final faranse proximamente presentacións nunha feira en Madrid e noutra en Bilbao.

    Redacción Salnés