Xunta e concello reformarán o centro de día e a escola infantil de Portas

PORTAS> A Xunta de Galicia e o concello reformarán a escola infantil e o centro de día de Portas. Os traballos centraranse na mellora das instalacións e na substitución dos equipamentos. Dende o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar tamén anunciaron que a cota na escola infantil será gratuíta para os segundos fillos e sucesivos.

A Xunta e o concello de Portas colaborarán na mellora de diferentes centros de vila. As reformas centraranse na escola infantil e no centro de día. A colaboración é posible grazas ao modelo de cofinanciación instaurado polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

Os centros contan na actualidade con 40 usuarios cada un. As reformas están centradas na mellora do seu benestar.

Dende o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar tamén anunciaron que a cota na escola infantil será gratuíta para os segundos fillos e sucesivos.

Os técnicos da xunta están a avaliar as instalacións para determinar contía das melloras a realizar. Unha vez establecidas, ambas administracións procederán a elaboración do orzamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí