RIBADUMIA> Disputarase este domingo, con saída e chegada en Ribadumia. Percorrerá once concellos da comarca para un total de 122 quilómetros. A proba, valedeira para a Copa Deputación, correrana ciclista élite-sub23. No acto de presentación estiveron Gustavo César Veloso, a alcaldesa Salomé Peña e o Presidente da Federación Galega, Sabino Cortizo.
{flowplayer}images/salnes/ciclismo_011009.flv{/flowplayer}
A Volta ó Salnés pechará a temporada de ciclismo en ruta este domingo. O apretado do calendario levouna ata outubro para rematar a Copa Deputación, será a cuarta proba valedeira despois das de Val Miñor, Volta ó Morrazo e Volta ó Río Louriña.
Poucos cambios sufre o percorrido, que sí é un pouquiño máis curto que en edicións anteriores,122 quilómetros. Os primeiros sesenta sen dificultades e a parte final con catro portos onde se decidirá a carreira: os altos de Cordeiro, Carracedo, Pousadoiro e Lobeira, dous de segunda e dous de terceira categoría.
Serán once os equipos participantes, sete galegos, dous asturianos e dous portugueses para un total duns cen corredores. Catro deles serán os que se disputen a Copa Deputación nesta proba que se presume moi emocionante.
Segundo os entendido o SuperFroiz buscará levar o peso e o control dunha carreira que coñecen ben, non en van o vencedor do ano pasado militaba nas súas filas, Pablo de Pedro. A saída da proba darase ás 10:00 hrs. e agárdase a súa chegada que en torno á unha e media da tarde.
Redacción Salnés