![]()
PONTEVEDRA> A Deputación destina máis de 170.000 euros para axudas e premios ó pequeno e mediano comercio da provincia.
{flowplayer}images/salnes/axudas_deputacion_comercio.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra editou unha guía coas novas liñas de axuda dirixidas ó pequeno e mediano comercio da provincia.
Este ano, a institución provincial destina máis de 170.000 euros para contribuír a reflotar este sector, seriamente danado pola crise económica. A Deputación concederá axudas para introducir novas tecnoloxías, para exposicións e feiras comerciais, para a dinamización comercial e tamén para fomentar o asociacionismo.
Ademais, para estimular ó sector a institución convocou a primeira edición dos Premios Provinciais do Pequeno Comercio. En total repartiranse 20 mil euros. Haberá un premio a concellos para recoñecer as actuacións de renovación urbana comercial, e outro para asociacións e centros comerciais abertos e urbanos. Tamén se premiará a innovación no pequeno comercio, ó comercio tradicional, e á muller emprendedora. Estes premios entregaranse o 12 de novembro nunha gala en Mondariz Balneario.
Redacción Salnés









