![]()
RIBADUMIA> A alcaldesa Salomé Peña inaugurou esta mañá o curso Iniciación á Rede de Internet. Trátase dunha acción formativa …
{flowplayer}images/salnes/CURSO_INTERNET.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, inaugurou esta mañá o curso Iniciación á Rede de Internet. Trátase dunha acción formativa de 60 horas para persoas desempregadas. Quince alumnos do Salnés xa navegan pola web.
No desenvolvemento do curso primaranse non só os contidos básicos de acceso a Internet, o correo electrónico e navegación pola rede. Tamén terase en conta os contidos relacionados coa profesionalidade. A iniciativa ten como obxectivo axudar ós desempregados a melloralo seu currilucum e facilitar a busca de emprego a través de Internet.
As clases están completamente financiadas pola Xunta. Ningún alumno paga matrícula e, en caso de ter que desprazarse, unha beca cubrirá os gastos. O curso impártese de luns a venres, en horario de mañá, no Centro Social de Barrantes. Ó remate do curso entregarase un diploma de aproveitamento do curso.
A iniciativa conta con gran éxito e a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, non descarta a posta en marcha de novos cursos. Xunto o curso de Iniciación á Rede de Internet, tamén se están desenvolvendo o de Axuliar de Axuda a Domicilio e de Atención a Persoas Dependentes e o próximo luns inaugúrase o de Auxiliar de Gardería.
Redacción Salnés








