350 pequenos participarán no I Triatlon Escolar de Porto do Son

PORTO DO SON> Na súa aposta polo deporte base, o concello de Porto do Son organiza un Campionato Escolar de Triatlón. Na proba tomarán parte 350 pequenos deportistas, nas categorías de prebenxamíns a cadete.

En vista do éxito que está a acadar a escola de triatlón que se puxo en marcha este ano o na piscina municipal, o concello de Porto do Son decidiu organizar o I Triatlón en Idade Escolar.

Será este sábado 4 de xuño e na cita participarán 350 deportistas. A categoría prebenxamín será a única que non inclúa o sector de bici; nadarán unha distancia 25 metros e a carreira será de 250 . Nas seguintes categorías irán aumentando as distancias, adaptadas ás idades.

A proba disputarase a partir das 12 da mañá na praia do Cruceiro e as carreiras discorrerán pola fachada marítima. A zona estará pechada ó tráfico entre as doce e a unha e de catro a seis e media. O concello agradeceu a colaboración da Federación Galega de Triatlón e o club Artrogal, sen os cales sería imposible organziar unha proba de tal envergadura.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí