SANTIAGO> A defensa exporá mañá as súas conclusións. Hoxe a letrada introduciu unha modificación na que recoñece o homicidio doloso, castigado con penas de 5 a 7 anos de cadea, en lugar de homicidio imprudente, que supón 2 anos e medio.
O avogado da familia, pola súa banda, introduciu o agravante de xénero xa que asegura que Abuín Gey actuou prevalecéndose como home sobre Diana. Á súa saída do xulgado, Ricardo Pérez Lama lamentaba que haxa que agardar a mañá para escoitar as conclusións da defensa e para entregar o obxecto do veredicto ao xurado. Así as cousas, asegura que as conclusións son demoledoras, e non deixan lugar a dúbidas.